O Delegado do Goberno e o Presidente da Deputación da Coruña asistirán este venres á inauguración do Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Boiro
Boiro, 9 de marzo de 2011. O Concello de Boiro, presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, inaugurará este venres, día 11 de marzo, ás 12.00 horas, o Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial de Espiñeira, nun acto que contará coa asistencia do Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes; o Presidente da Deputación da Coruña, D. Salvador Fernández Moreda; o Subdirector de Xestión Económica do Ministerio de Ciencia e Innovación, D. José María Álvarez Pérez; o consejero técnico do Ministerio D. Manuel Constenla Bergueiro; e a Deputada Provincial Rosana Pérez Fernández, entre outras autoridades.
A construción deste centro é unha aposta do goberno de Boiro para o estímulo do emprego, pois ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, as iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos da súa andaina, que son os máis difíciles. Basicamente, é unha estrutura de acollida temporal pensada para ubicar a empresas nos seus primeiros pasos no mercado laboral; prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, co fin de que, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, se facilite o desenvolvemento xerminal de iniciativas de interese local.
Cómpre lembrar que este centro valeulle ao Concello de Boiro a concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que ven a reafirmar a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego, ademais de por de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local.
O centro conta, ademais, cunha escola de cociña, totalmente equipada, para impartir formación a través de programas pensados para a capacitación profesional dos desempregados que pretenden acceder ao mercado laboral, sobre todo en sectores que se consideran máis dinámicos nas comarcas de Barbanza e Noia: hostalería e turismo.
Os espazos básicos cos que contarán as empresas son os seguintes:
- Locais privados ou despachos, equipados con armario de oficina, mesa despacho, caixóns, cadeiras, papeleira e percheiro, así como dotación de infraestruturas de iluminación, electricidade, climatización, teléfono e comunicacións.
- Áreas comúns: recepción, administración, secretaría, aulas, sala de xuntas, fotocopiadora, fax e aparcamento.
- Pequenos almacéns independentes para arquivo.
O Centro de Formación – Escola de Hostelería – Viveiro de Empresas é froito da colaboración entre varias administracións. O desglose de investimento é o seguinte:
Fases |
Financiación Entidades |
Importe (€) |
Proyecto |
Descripción |
Fase I
(2009) |
Fondo Estatal para el
Empleo y la sustentabilidad
Local |
993.012,77 |
Vivero
de empresas |
Construcción de edificio |
Xunta de Galicia |
274.201,20 |
Taller de empleo “Viveiro de empresas” |
Construcción edificio y equipamiento |
Concello de Boiro |
101.290,00 |
Fase II
(2010) |
Fondo Estatal para el Empleo y la sustentabilidad Local
|
378.870,00
|
Vivero
de empresas |
Construccion de edificio |
Deputación da Coruña |
340.000,00 |
Centro de Formación |
Equipamiento escuela de cocina |
Xunta de Galicia |
274.201,20 |
Taller de empleo “Viveiro de Empresas” |
Construcción edificio y equipamiento |
Concello de Boiro |
101.290,00 |